viernes, 27 de enero de 2012

Estanos Internet a volver imbécil?

Internet non nos está a volver imbéciles. Penso que o feito de que teñamos toda a información en internet con so teclear algo fai que non collamos ningún libro nin que nos molestemos en ler máis informacións e contrastala. Estando nun ordenador tampouco prestas a mesma atención ca si leras dun libro, debido ós enlaces que aparecen nas páxinas, ás redes sociais nas que estás metido e tamén porque nun ordenador a información parece moito máis pesada. Agora utilizase a tecnoloxía para todo, e cada vez menos a xente colle librosm para facer traballos, buscar información ou simplemente porque está interesado en algo.
Non todo isto é malo, debido a que utilizamos máis internet e as tecnoloxias de calquera tipo fai que tamén sexamos máis coidadosos co que escribimos e co que dicimos, xa que sobretodo nas redes sociais o que máis importa son as primeiras impresións. Se escribes un artículo nun blog un nunha wiki onde a xente vaia lelo despois e escribes con faltas ortográficas e con mala expresión e redacción a xente pensará que non sabes o que dis e non fará caso. Creo que tamén é bo ter a nosa disposición toda a información que queramos desta maneira tan fácil, xa que así a xente busca máis información debido a que é máis cómodo que poñerse a buscar en moitos libros o que che interesa.
O uso das novas tecnoloxías ten partes boas e partes malas, pero eu penso que todo o que se descubre e todo o que sabemos sobre isto é para facilitarnos todo. En conclusión penso que aínda que ler libros está moi ben, tamén é necesario ter Internet á nosa man.

No hay comentarios:

Publicar un comentario