miércoles, 20 de junio de 2012

 

 
O Coñecemento
Le o seguinte texto do tema de filosofía e olla o mapa conceptual. Tenta entendelo e completalo. Fai un ti completando cada mapa e insíreo nunha entrada do teu blog. Tenta completarlle tamén as definicións que creas axeitadas usando as anotacións. Ademais de completalo cos conceptos que faltan nas caixas, podes engadir conceptos novos modificando o mapa. Serías capaz de facelo?

Con este texto realizouse o seguinte mapa conceptual dividido en dous. Por qué está dividido? Cando facemos un mapa conceptual e vemos que vai quedar demasiado grande e unha parte ten entidade suficiente para ser explicada a parte, decidimos dividila facéndolle un mapa de seu. Así, premendo na frecha que hai en “linguaxe” imos ao segundo mapa.

O proceso que executamos no momento da percepción denomínase intuición. A intuición é a operación do coñecemento que permite a captación inmediata de algo. Non é un proceso mediado pola reflexión, e por iso nel non podemos distinguir fases. Mais si podemos distinguir dous tipos de intuición dependendo de como se nos dean os datos que van ser captados.

a) Os datos danse simultaneamente ao proceso de captación polos sentidos e proveñen do mundo exterior ao suxeito, isto é, dun obxecto “transcendente”. O resultado deste proceso é a percepción.
b) Os datos sensibles extráense de experiencias previas, é dicir, son inmanentes ao propio suxeito, ou son recreados polo propio suxeito. Os primeiros proveñen da memoria lembrando experiencias previas e os segundos da imaxinación.
Ademais dos esquemas que subministra a experiencia individual, o ser humano posúe, pola súa característica de ser cultural, uns coñecementos compartidos co resto dos seres humanos e que se transmiten na aprendizaxe por medio da linguaxe.

Preme na imaxe para ver o mapa.

l
O coñecemento non remata coa percepción, nin tan sequera no recordo ou imaxinación. En realidade, non dicimos que coñecemos o que é un obxecto só porque viramos un, senón que queremos dicir que podemos identificar outros obxectos semellantes a el como pertencentes á mesma clase. O coñecemento, neste último sentido, precisa de algo máis ca unha simple percepción, precisa unha síntese de percepcións distintas baixo un denominador común, que é o concepto. Este vén sendo, xa que logo, o conxunto de trazos característicos cos que asimilo as percepcións particulares. Estes conceptos que se forman a través da síntese da miña experiencia son usados pola razón para codificar para min o mundo, e cada nova experiencia tratará de axustarse a eles. Os conceptos ordénanse na nosa mente dun modo xerárquico, formando un sistema de relacións mutuas de tal xeito que a memoria pode recuperar parte do noso coñecemento no momento preciso. Os coñecementos que non se atopan “ben ordeados” son facilmente esquecibles ou recuperables unicamente de xeito casual e non producen coñecemento verdadeiramente operativo. Unha parte da información obtémola por inspección observacional a través dos sentidos, a este tipo de coñecemento chamámoslle coñecemento directo. Grazas a que somos capaces de organizar a información en conceptos e proposicións, mediante a linguaxe podemos pensar, imaxinar e describir modelos posibles sobre a realidade. Así grazas ao razoamento inferencial podemos construír nova información sobre o mundo. A este tipo de coñecemento chamámoslle indirecto ou inferencial.

A linguaxe é un vehículo de comunicación, pero tamén é un instrumento que nos axuda a pensar. A nosa linguaxe é un produto da nosa cultura e, por iso mesmo, transmite tamén toda a visión do mundo que a nosa cultura ten: as aprendizaxes feitas por todos os membros da sociedade (actuais e pasados), as crenzas que temos sobre o mundo e a organización que precisamos facer das cousas para realizarmos os traballos que nos impón a adaptación ao contorno. Por todo iso podemos dicir que a nosa linguaxe nos fai ver o noso mundo de xeito particular. Cada cultura é unha fiestra aberta ao sentido do mundo. Cómpre entender que a linguaxe, vehículo fundamental da cultura e do pensamento, transmite ese sentido do mundo, por iso podemos dicir que cantas máis variedades teñamos dela (linguas), tanto máis rico será o noso particular “mundo”.
A linguaxe obxectiva, o coñecemento perceptivo-conceptual, permítenos representar as cousas por medio dun signo; por iso dicimos que é o vehículo do coñecemento abstracto.
Chamamos linguaxes naturais á que foron construídas (e aprendidas) ao mesmo tempo que captamos o sentido da realidade e que, por iso, están máis próximas á nosa percepción da realidade. Estas linguaxes son, polo tanto, máis aptas para falar e comunicar o sentido do mundo e veñen sendo aquelas (galego, francés, inglés…) coas que ordinariamente os membros dunha comunidade entenden e falan do mundo. Estas linguaxes, nas que desempeña un papel relevante o significado das palabras (o léxico), teñen unha referencia máis directa e inmediata á realidade. Pero hai outras linguaxes (como a lóxica, a matemática ou linguaxes de programación informática) que, facendo abstracción dos contidos (do que se di), centran a súa atención na estrutura (na forma en que se di) para evitar as imprecisións e ambigüidades das linguaxes naturais. Úsanse fundamentalmente para garantir a precisión do coñecemento ou para a comunicación científica.
O substantivo coñecemento úsase tanto aplicado a aquelas cousas que sabemos como a aquelas das que temos un coñecemento inmediato (a través dos sentidos). Sen embargo, saber e coñecer aluden a actividades totalmente distintas. Coñecemos cousas e obxectos pero sabemos como son esas cousas e obxectos. O coñecer é unha relación directa co mundo, que conforma a nosa experiencia. O saber é trasmisible porque é expresable mediante conceptos e conforma a nosa razón. O proceso polo que completamos os resultados das nosas observacións para explicalas é a inferencia. Unha inferencia é un proceso mental polo que poñemos en relación varios coñecementos para extraer un coñecemento novo. Cando a nosa inferencia ou explicación dos datos empíricos non se limita a un obxecto ou fenómeno particular que estea presente ou tivesemos presente no pasado, entón dicimos que estamos facendo unha inducción. Inducir é facer extensible, por xeneralización, a todos os fenómenos da mesma clase unha determinada característica. Cando a nosa inferencia parte de verdades evidentes para chegar a verdades que se deriven delas dun xeito necesario, estamos facendo unha deducción.

domingo, 10 de junio de 2012

Pirataría II

As leis contra a pirataría habilitan a unha comisión administrativa para cerrar páxinas web ou obligalas a retirar certos contidos. O problema máis grande de esta lei é que a malloría dos cidadáns están en contra. O que máis se di en contra disto é que se non queren que se piratee deberían dar máis alternativas para escoitar música, descargala ou ver películas online. A xente utiliza esta proposición debido a que non encontran ningunha mellor, teñen a necesidade de consumir cultura. Hay dous tipos de solucións, unhas son propostas polo goberno, polas industrias e outras solucións que da a sociedade consumidora de este tipo de recursos. Uns dos casos máis falados e tratados por toda a xente é o de megaupload.Ésta era un sitio web no que a xente podía mirar videos, películas, series online de maneira que poderían miralas no momento e gratis. En xaneiro deste mesmo ano foi cerrada polo FBI co pretexto de que non rspetar os dereitos de autor. Xerou altos gastos legais e perdas. Millóns de personas manifestáronse e deron a coñecer a suas opinións sobre isto nas principais redes sociais. A xente protestante dicía que ainda que cerraran megaupload non ían acabar coa pirataría nin moito menos ca iso xa que aínda que o cerrasen máis tarde abriríanse outras. O fundador de megaupload e outos que traballaban ali foron condenados. Ante todo o que o FBI dicia a compañía seguía dicindo que simplemente ofrecía espacio de almacemento en Internet e que as empresas da industria musical e cinematográfica tiveron moitas oportunidades para poder retirar o material ilegal. Aquí en España a polémica foi coa chamada lei Sinde. Ésta deuse a conocer para o mesmo que a lei SOPA de EEUU pero de menor medida. A gran polémica era que a xente que a estudaba e que falaba dela dicía que non serviría para nada. Dicíase que a se unha páxina de este tipo se cerraba abriríase outra, e se non a xente encontraría outras alternativas. Os grandes problemas desta lei son por exemplo. Que a denuncia e o propio feito de determinar si hai falta feise por unha vía administrativa e no por la vía judicial. Outro problema é a falta de claridade con respeto ós seus límites. Tamén que a existencia de un blacklist ou unha lista negra controlada pola Comisión da Propiedade Intelectual. En caso que os contenidos “infractores” non se atopen dentro de España entonces podrán pedir que o IP ou o dominio en cuestión sexa bloqueado. Por último, a súa orixe. En decembro revelouse por medio das filtracións de Wikileaks que a Disposición Final Segunda xestionouse e redactou a partir de fortes presións de lobbys estadounidenses representantes das industrias audiovisuais. Toda a lei está “manchada” das intervenciós de estas grandes empresas, ó defender a toda costa os seus intereses e arrastrar os dereitos fundamentais dos cidadáns españois. Na miña opinión os grandes problemas son que ninguén ten claro as funcións nin co que se pretende con estas leis. Pero o que tampouco son de gran utilidade xa que ninguén podería acabar coa pirataría e menos en tan pouco tempo. O que se podería facer sería reducila, como xa dixen anteriormente propoñendo novas alternativas.

lunes, 28 de mayo de 2012

Piratería I

En España hay unha chamada lei Sinde que protexe os dereitos de autor. Esta lei fai que moitas das páxinas en internet para mirar peliculas online, para descargar música ou libros desaparezan. Foi aprobada en contra de moita xente pero hay diversas posturas que ben a defenden ou a critican. A perda máis grande que se cree que causou foi o peche da páxina de megaupload.
Para a aceptación de esta lei exaxerouse en moitos aspectos. Unha das cousas que se dixeron foi por exemplo que España estaba nun dos postos máis arriba en canto a piratería pero non é asi, estamos no posto 79.  Outra das cousas que se dixeron foi que as librerias, os cines ou por exemplo as tendas de música tiñan moitas perdas debido a que a xente non compraba se nos que baixaba de internet.
En Estado Unidos por exemplo crearonse alternativas para que a xente non tivera que piratear. Por exemplo  Kindle, iTunes e Netflix. Son paxinas sencillas, nas que podes descargar calquer tipo de articulo, musica, libro ou pelicula no que pagas unha pequena parte pero compensa xa que son rapidos e ofrecen moita calidade.
De este modo ninguén protesta nin se benefician máis unhas persoas que outras.
Hay moita xente a favor de esta ley xa que pensan que de esta maneira,descargando musica ou libros e vendo peliculas online o que se fai e roubar e desperdiciar o traballo que fixeron outras personas. Diciase que con esta lei defenderíase a propiedade intelectual de cada un.
Dun dos temas máis falados e estudados pola xente interesada no tema é se esta lei pode chegar a ser efectiva e case todos coinciden no mesmo: que a súa eficacia é nula.  Jesús Encinar, fundador de Idealista e 11870, di:

Podrán seguir su negocio o su actividad simplemente con instalar sus servidores fuera de España. Lo que viviremos en España será entonces una internet “capada”, habrá webs que se puedan ver desde España y webs que no. Nos pone al nivel de países como Cuba, Irán, Arabia Saudi o China a nivel de censurar la internet que pueden ver sus ciudadanos, decisiones que se tomarán desde un comité del gobierno. Es un ataque a nuestras libertades civiles con la excusa de la protección de la propiedad intelectual.
O que tamén din é que si por exemplo cerran unha páxina abrirase outra, e mentres a atopan de novo xa se beneficiaron de ela. Ricardo Galli,  un activista del software libre, di que esta lei podería afectar tamén a redes sociais:
 Te doy un caso concreto, muy cercano y aplicable a cientos de sitios y foros. Los usuarios de Menéame a veces ponen enlaces a sitios de descarga directa, o índices bittorrent. Nos pueden denunciar a la comisión, ésta nos envía la orden para eliminar los enlaces, ¿qué hacemos? […]
Si los borramos, tendremos a cientos de usuarios poniendo los mismos enlaces. Si los borramos sistemáticamente, rebelión y abandono. Los usuarios de “foros públicos” de terceros esperan, y exigen, un compromiso de los administradores. Si no se cumplen, se marcharán. Si Menéame hiciese caso a la Comisión, sería casi una sentencia de muerte.
La otra opción es que nos neguemos, y entonces pase al juez… ¿qué pasará? Nadie lo sabe. Nadie. […]
Esto tiene costes económicos y de oportunidad importantes. Además, se dan ventajas a empresas extranjeras y con recursos (fundamentalmente Facebook, Twitter y Google) para evitar los efectos de la ley Sinde.

Por ultimo, na miña opinión, non estou nin a favor nin en contra. Penso que se queren reducir a piratería non deberian de prohibir a descarga nin a vista online se non que deberian dar opcións alternativas para que éstas non fosen as unicas. Tamén opino, que me parece excesivo os delitos que conlevan ter unha paxina como a de Megaupload e desta maneira non debería haber leis que prohiban a actividade na  rede de esta maneira.

lunes, 26 de marzo de 2012

Crowd computing

O crowd computing consiste en que os creadores de páxinas deixan que a xente escriba as súas propias opinións sobre o que pensan sobre ela. Isto é para que así todo poida mellorar e así ter máis éxito. Isto é propio das redes sociais, a xente en blogs critica que é o que lle falta a unha determinada rede ou o que le gusta moito e asi calquera persoa que teña intención de creala só ten que mirar as opinión desas persoas, que normalmente soen coincidir. Este e unha das colaboracións masivas online.

Amateurización de contidos

Facer montaxes con fotos, con cancións que che gusten ou por exemplo juntando todo e debido a que ós teos achegados gústalle decides compartilo en youtube, nun blogue ou en calquera outro sitio de internet. Isto é polo tanto facer un remix. Hay moitos tipos, xa que podes coller fotos e sons de xente e mezclalos para crear una canciones que teña que ver coas fotos que fas. Tamén podes coller só fotos dos teus amigos ou simplemente de unha viaxe ou tamén podes facer un remix de música mezclando sons que che gusten. Hay outra maneira de manifestar as túas propias creacións (os covers), isto consiste en facer versións de unha canción moi coñecida, pero con pequenos cambios e coa túa voz para que así a xente de coñeza. Hay xente que utiliza isto para se coñecido e máis tarde ser contratado por una discográfica e ter un futuro pero en cambio hay outra xente que o fai simplemente por gusto. Dise que o que fai esta xente está mal xa que así si unha versión gusta máis ca orixinal, a orixinal non vai ter exito, e desta maneira ó facer versións dunha cancion xa inventada non vai a haber moita creatividade nin nuvas cancións nin estilos.
A cultura da música do remix, a min por exemplo o DJ que máis me gusta é David Guetta, éste o que fai é mezclar sons para darlle un son diferente e que nadie coñeza, para que impacte e a xente o escoite xa que lle chamará a atención.
Por outro lado, os covers máis coñecidos son das canciones numeros un no mundo. Como por exemplo a coñecida canción de Roling in the Deep de Adele. Dende o meu punto de vista, non hay ningunha versión que sea como ela pero hay unha versión que pareceme moito mellor que a orixinal da canción de I'm yours de Jason Mraz, o que fai a versión nova chámase Xuso Jones.
Este rapaz xa fixo moitos covers de cancións coñecidas, está a converterse cantante con éxito debido ás redes sociais. Xa levaba moito tempo colgando en Youtube os seis videos cantando pero foi coñecido xa que fixo un video cantando un pedido en Mcauto.
Este é o video polo que é coñecido.

Dende o meu punto de vista, isto é un dos mellores covers que vin en España. Este tipo de maneira para darse a coñecer creo que está mellor promorcionado e mellor elaborado por América e nos países máis adiantados que nós. Cada vez máis e máis xente quere facer versións de cancións e darse a coñecer así.

jueves, 9 de febrero de 2012

Novas formas de ler.

El libro electrónico é unha versión electrónica ou dixital dun libro o un texto publicado. Éste permite ler casi calquiera documento. Utiliza unha tectnoloxía de tinta electrónica que provoca que non se canse a vista dos lectores. Ten internet de maneira wi-fi para poder descargar libros directamente no libro electrónico. Podes poñer un modo para que o libro se lea só e tamén poñer a letra máis grande ou más pequena.
Hay moitas opinións de diversos tipos sobre este aparato, pero case todo o mundo ten unha boa impresión los libros electrónicos. Unha das ventazas que máis destaca a xente sobre isto é que con este libro podes meter varios documentos nel, música, etc. Debido a isto din que é moito máis cómodo que ter que levar moitos libros e CD's por exemplo cando van de viaxe. Outra das vantaxas é que o prezo dun libro electrónico é moito menor ca o prezo dun libro convencional. Tamén se pensa que o feito de que se poda aumentar a letra ou que esté feito con tinta electrónica e que non faga tanto daño á vista é moi favorable. A posibilidade de elixir o idioma no que se quere ler ou tamén o poder buscar no propio libro electrónica calquera palabra que non se entenda. Son moitas vantaxas pero ainda que a xente non fale tanto disto tamén ten desvantaxas. Por exemplo, que se esgote a batería cando se está a ler un libro, escoitar música ou traballar nun documento. Poden borrarse por calquer erro algún archivo o que porovca ter que volver a compralo despois. Non hay firmas de libros, xa que neste non se pode firmar. Non se pode compartir con ninguén. Non poden copiarse nin imprimirse. Es delicado y se puede estropear facilmente.
Na miña opinión o libro electrónico é moi útil para ler os libro ou a música, pero penso que se por exeplo un libro che gusta moito e mellor compralo que telo ahí metido. Eu prefiro un libro convencional a un libro electrónico aínda que sirva para moito e a xente o compre e utilice.

viernes, 27 de enero de 2012

Estanos Internet a volver imbécil?

Internet non nos está a volver imbéciles. Penso que o feito de que teñamos toda a información en internet con so teclear algo fai que non collamos ningún libro nin que nos molestemos en ler máis informacións e contrastala. Estando nun ordenador tampouco prestas a mesma atención ca si leras dun libro, debido ós enlaces que aparecen nas páxinas, ás redes sociais nas que estás metido e tamén porque nun ordenador a información parece moito máis pesada. Agora utilizase a tecnoloxía para todo, e cada vez menos a xente colle librosm para facer traballos, buscar información ou simplemente porque está interesado en algo.
Non todo isto é malo, debido a que utilizamos máis internet e as tecnoloxias de calquera tipo fai que tamén sexamos máis coidadosos co que escribimos e co que dicimos, xa que sobretodo nas redes sociais o que máis importa son as primeiras impresións. Se escribes un artículo nun blog un nunha wiki onde a xente vaia lelo despois e escribes con faltas ortográficas e con mala expresión e redacción a xente pensará que non sabes o que dis e non fará caso. Creo que tamén é bo ter a nosa disposición toda a información que queramos desta maneira tan fácil, xa que así a xente busca máis información debido a que é máis cómodo que poñerse a buscar en moitos libros o que che interesa.
O uso das novas tecnoloxías ten partes boas e partes malas, pero eu penso que todo o que se descubre e todo o que sabemos sobre isto é para facilitarnos todo. En conclusión penso que aínda que ler libros está moi ben, tamén é necesario ter Internet á nosa man.