miércoles, 20 de junio de 2012

 

 
O Coñecemento
Le o seguinte texto do tema de filosofía e olla o mapa conceptual. Tenta entendelo e completalo. Fai un ti completando cada mapa e insíreo nunha entrada do teu blog. Tenta completarlle tamén as definicións que creas axeitadas usando as anotacións. Ademais de completalo cos conceptos que faltan nas caixas, podes engadir conceptos novos modificando o mapa. Serías capaz de facelo?

Con este texto realizouse o seguinte mapa conceptual dividido en dous. Por qué está dividido? Cando facemos un mapa conceptual e vemos que vai quedar demasiado grande e unha parte ten entidade suficiente para ser explicada a parte, decidimos dividila facéndolle un mapa de seu. Así, premendo na frecha que hai en “linguaxe” imos ao segundo mapa.

O proceso que executamos no momento da percepción denomínase intuición. A intuición é a operación do coñecemento que permite a captación inmediata de algo. Non é un proceso mediado pola reflexión, e por iso nel non podemos distinguir fases. Mais si podemos distinguir dous tipos de intuición dependendo de como se nos dean os datos que van ser captados.

a) Os datos danse simultaneamente ao proceso de captación polos sentidos e proveñen do mundo exterior ao suxeito, isto é, dun obxecto “transcendente”. O resultado deste proceso é a percepción.
b) Os datos sensibles extráense de experiencias previas, é dicir, son inmanentes ao propio suxeito, ou son recreados polo propio suxeito. Os primeiros proveñen da memoria lembrando experiencias previas e os segundos da imaxinación.
Ademais dos esquemas que subministra a experiencia individual, o ser humano posúe, pola súa característica de ser cultural, uns coñecementos compartidos co resto dos seres humanos e que se transmiten na aprendizaxe por medio da linguaxe.

Preme na imaxe para ver o mapa.

l
O coñecemento non remata coa percepción, nin tan sequera no recordo ou imaxinación. En realidade, non dicimos que coñecemos o que é un obxecto só porque viramos un, senón que queremos dicir que podemos identificar outros obxectos semellantes a el como pertencentes á mesma clase. O coñecemento, neste último sentido, precisa de algo máis ca unha simple percepción, precisa unha síntese de percepcións distintas baixo un denominador común, que é o concepto. Este vén sendo, xa que logo, o conxunto de trazos característicos cos que asimilo as percepcións particulares. Estes conceptos que se forman a través da síntese da miña experiencia son usados pola razón para codificar para min o mundo, e cada nova experiencia tratará de axustarse a eles. Os conceptos ordénanse na nosa mente dun modo xerárquico, formando un sistema de relacións mutuas de tal xeito que a memoria pode recuperar parte do noso coñecemento no momento preciso. Os coñecementos que non se atopan “ben ordeados” son facilmente esquecibles ou recuperables unicamente de xeito casual e non producen coñecemento verdadeiramente operativo. Unha parte da información obtémola por inspección observacional a través dos sentidos, a este tipo de coñecemento chamámoslle coñecemento directo. Grazas a que somos capaces de organizar a información en conceptos e proposicións, mediante a linguaxe podemos pensar, imaxinar e describir modelos posibles sobre a realidade. Así grazas ao razoamento inferencial podemos construír nova información sobre o mundo. A este tipo de coñecemento chamámoslle indirecto ou inferencial.

A linguaxe é un vehículo de comunicación, pero tamén é un instrumento que nos axuda a pensar. A nosa linguaxe é un produto da nosa cultura e, por iso mesmo, transmite tamén toda a visión do mundo que a nosa cultura ten: as aprendizaxes feitas por todos os membros da sociedade (actuais e pasados), as crenzas que temos sobre o mundo e a organización que precisamos facer das cousas para realizarmos os traballos que nos impón a adaptación ao contorno. Por todo iso podemos dicir que a nosa linguaxe nos fai ver o noso mundo de xeito particular. Cada cultura é unha fiestra aberta ao sentido do mundo. Cómpre entender que a linguaxe, vehículo fundamental da cultura e do pensamento, transmite ese sentido do mundo, por iso podemos dicir que cantas máis variedades teñamos dela (linguas), tanto máis rico será o noso particular “mundo”.
A linguaxe obxectiva, o coñecemento perceptivo-conceptual, permítenos representar as cousas por medio dun signo; por iso dicimos que é o vehículo do coñecemento abstracto.
Chamamos linguaxes naturais á que foron construídas (e aprendidas) ao mesmo tempo que captamos o sentido da realidade e que, por iso, están máis próximas á nosa percepción da realidade. Estas linguaxes son, polo tanto, máis aptas para falar e comunicar o sentido do mundo e veñen sendo aquelas (galego, francés, inglés…) coas que ordinariamente os membros dunha comunidade entenden e falan do mundo. Estas linguaxes, nas que desempeña un papel relevante o significado das palabras (o léxico), teñen unha referencia máis directa e inmediata á realidade. Pero hai outras linguaxes (como a lóxica, a matemática ou linguaxes de programación informática) que, facendo abstracción dos contidos (do que se di), centran a súa atención na estrutura (na forma en que se di) para evitar as imprecisións e ambigüidades das linguaxes naturais. Úsanse fundamentalmente para garantir a precisión do coñecemento ou para a comunicación científica.
O substantivo coñecemento úsase tanto aplicado a aquelas cousas que sabemos como a aquelas das que temos un coñecemento inmediato (a través dos sentidos). Sen embargo, saber e coñecer aluden a actividades totalmente distintas. Coñecemos cousas e obxectos pero sabemos como son esas cousas e obxectos. O coñecer é unha relación directa co mundo, que conforma a nosa experiencia. O saber é trasmisible porque é expresable mediante conceptos e conforma a nosa razón. O proceso polo que completamos os resultados das nosas observacións para explicalas é a inferencia. Unha inferencia é un proceso mental polo que poñemos en relación varios coñecementos para extraer un coñecemento novo. Cando a nosa inferencia ou explicación dos datos empíricos non se limita a un obxecto ou fenómeno particular que estea presente ou tivesemos presente no pasado, entón dicimos que estamos facendo unha inducción. Inducir é facer extensible, por xeneralización, a todos os fenómenos da mesma clase unha determinada característica. Cando a nosa inferencia parte de verdades evidentes para chegar a verdades que se deriven delas dun xeito necesario, estamos facendo unha deducción.

domingo, 10 de junio de 2012

Pirataría II

As leis contra a pirataría habilitan a unha comisión administrativa para cerrar páxinas web ou obligalas a retirar certos contidos. O problema máis grande de esta lei é que a malloría dos cidadáns están en contra. O que máis se di en contra disto é que se non queren que se piratee deberían dar máis alternativas para escoitar música, descargala ou ver películas online. A xente utiliza esta proposición debido a que non encontran ningunha mellor, teñen a necesidade de consumir cultura. Hay dous tipos de solucións, unhas son propostas polo goberno, polas industrias e outras solucións que da a sociedade consumidora de este tipo de recursos. Uns dos casos máis falados e tratados por toda a xente é o de megaupload.Ésta era un sitio web no que a xente podía mirar videos, películas, series online de maneira que poderían miralas no momento e gratis. En xaneiro deste mesmo ano foi cerrada polo FBI co pretexto de que non rspetar os dereitos de autor. Xerou altos gastos legais e perdas. Millóns de personas manifestáronse e deron a coñecer a suas opinións sobre isto nas principais redes sociais. A xente protestante dicía que ainda que cerraran megaupload non ían acabar coa pirataría nin moito menos ca iso xa que aínda que o cerrasen máis tarde abriríanse outras. O fundador de megaupload e outos que traballaban ali foron condenados. Ante todo o que o FBI dicia a compañía seguía dicindo que simplemente ofrecía espacio de almacemento en Internet e que as empresas da industria musical e cinematográfica tiveron moitas oportunidades para poder retirar o material ilegal. Aquí en España a polémica foi coa chamada lei Sinde. Ésta deuse a conocer para o mesmo que a lei SOPA de EEUU pero de menor medida. A gran polémica era que a xente que a estudaba e que falaba dela dicía que non serviría para nada. Dicíase que a se unha páxina de este tipo se cerraba abriríase outra, e se non a xente encontraría outras alternativas. Os grandes problemas desta lei son por exemplo. Que a denuncia e o propio feito de determinar si hai falta feise por unha vía administrativa e no por la vía judicial. Outro problema é a falta de claridade con respeto ós seus límites. Tamén que a existencia de un blacklist ou unha lista negra controlada pola Comisión da Propiedade Intelectual. En caso que os contenidos “infractores” non se atopen dentro de España entonces podrán pedir que o IP ou o dominio en cuestión sexa bloqueado. Por último, a súa orixe. En decembro revelouse por medio das filtracións de Wikileaks que a Disposición Final Segunda xestionouse e redactou a partir de fortes presións de lobbys estadounidenses representantes das industrias audiovisuais. Toda a lei está “manchada” das intervenciós de estas grandes empresas, ó defender a toda costa os seus intereses e arrastrar os dereitos fundamentais dos cidadáns españois. Na miña opinión os grandes problemas son que ninguén ten claro as funcións nin co que se pretende con estas leis. Pero o que tampouco son de gran utilidade xa que ninguén podería acabar coa pirataría e menos en tan pouco tempo. O que se podería facer sería reducila, como xa dixen anteriormente propoñendo novas alternativas.