domingo, 10 de junio de 2012
Pirataría II
As leis contra a pirataría habilitan a unha comisión administrativa para cerrar páxinas web ou obligalas a retirar certos contidos. O problema máis grande de esta lei é que a malloría dos cidadáns están en contra. O que máis se di en contra disto é que se non queren que se piratee deberían dar máis alternativas para escoitar música, descargala ou ver películas online. A xente utiliza esta proposición debido a que non encontran ningunha mellor, teñen a necesidade de consumir cultura. Hay dous tipos de solucións, unhas son propostas polo goberno, polas industrias e outras solucións que da a sociedade consumidora de este tipo de recursos.
Uns dos casos máis falados e tratados por toda a xente é o de megaupload.Ésta era un sitio web no que a xente podía mirar videos, películas, series online de maneira que poderían miralas no momento e gratis. En xaneiro deste mesmo ano foi cerrada polo FBI co pretexto de que non rspetar os dereitos de autor. Xerou altos gastos legais e perdas. Millóns de personas manifestáronse e deron a coñecer a suas opinións sobre isto nas principais redes sociais. A xente protestante dicía que ainda que cerraran megaupload non ían acabar coa pirataría nin moito menos ca iso xa que aínda que o cerrasen máis tarde abriríanse outras. O fundador de megaupload e outos que traballaban ali foron condenados. Ante todo o que o FBI dicia a compañía seguía dicindo que simplemente ofrecía espacio de almacemento en Internet e que as empresas da industria musical e cinematográfica tiveron moitas oportunidades para poder retirar o material ilegal.
Aquí en España a polémica foi coa chamada lei Sinde. Ésta deuse a conocer para o mesmo que a lei SOPA de EEUU pero de menor medida. A gran polémica era que a xente que a estudaba e que falaba dela dicía que non serviría para nada. Dicíase que a se unha páxina de este tipo se cerraba abriríase outra, e se non a xente encontraría outras alternativas. Os grandes problemas desta lei son por exemplo. Que a denuncia e o propio feito de determinar si hai falta feise por unha vía administrativa e no por la vía judicial. Outro problema é a falta de claridade con respeto ós seus límites. Tamén que a existencia de un blacklist ou unha lista negra controlada pola Comisión da Propiedade Intelectual. En caso que os contenidos “infractores” non se atopen dentro de España entonces podrán pedir que o IP ou o dominio en cuestión sexa bloqueado. Por último, a súa orixe. En decembro revelouse por medio das filtracións de Wikileaks que a Disposición Final Segunda xestionouse e redactou a partir de fortes presións de lobbys estadounidenses representantes das industrias audiovisuais. Toda a lei está “manchada” das intervenciós de estas grandes empresas, ó defender a toda costa os seus intereses e arrastrar os dereitos fundamentais dos cidadáns españois.
Na miña opinión os grandes problemas son que ninguén ten claro as funcións nin co que se pretende con estas leis. Pero o que tampouco son de gran utilidade xa que ninguén podería acabar coa pirataría e menos en tan pouco tempo. O que se podería facer sería reducila, como xa dixen anteriormente propoñendo novas alternativas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario